saen os lagostinos

locus amoenus VII

fantásticos e tráxicos contacontos

01 belle and sebastian fiction
02 mia doi todd the last night of winter
03 neko case this tornado loves you
04 tindersticks yesterdays tomorrows
05 tompaulin it's a girls world
06 morphine buena
07 bob seger against the wind
08 dwight yoakam a thousand miles from nowhere
09 lambchop you masculine you
10 jeremy jay winter wonder
11 vyvienne long yoshimi
12 allen clapp & his orchestra something strange happens
13 the shins sleeping lessons
14 josh rouse flight attendant
15 fleet foxes white winter hymnal
16 here we go magic fangela
17 kings of convenience the build-up

locus amoenus VI



01 beth gibbons mysteries
02 cat power no sense
03 annette buckley whirlwind
04 mazzy star fade into you
05 cowboy junkies good friday
06 alela diane my tired feet
07 beth orton conceived
08 meg baird do what you gotta do
09 carla bruni quelqu'un m'a dit
10 sarah harmer silver road
11 feist past in present
12 mia doi todd casa nova
13 electrelane the greater times
14 anna ternheim my secret
15 blonde redhead silently
16 piana beyond the season
17 broken social scene anthems for a seventeen year-old girl

locus amoenus V



01 the felice brothers wonderful life
02 micah p. hinson the possibilities
03 russian red take me home
04 cat power lived in bars
05 ola podrida run off the road
06 great lake swimmers when it flows
07 calexico quattro (world drifts in)
08 rodríguez crucify your mind
09 josh ritter monster ballads
10 the essex green rabbit
11 amandine silver bells
12 belle and sebastian there's too much love
13 the national brainy
14 sr. chinarro militar
15 elvis perkins ash wednesday
16 nacho vegas monomanía
17 glen hansard & markéta irglová when your mind's made up

chatarra, orfandade e maxia

Esperanzadores Reis Magos:


Hoxe é a primeira vez que vos escribo. Se decidín facelo non é para desafiarvos, a vós que endexamais soubestes de min, pero si polo afán intrigante que tantas aventuras refiren os vosos nomes, inmodestos coma os nosos. Coma a produción sedutora revolta e vacilante nas páxinas dos contos, nos círculos de idade dos seus avós inhumados, confundidos entre o po do papel amarelo. E a incipiente curiosidade que festexa a vosa chegada vindeira, soñadora da nosa madurez rítmica, precisa das mans máxicas que portades, coma avós irredentos soterrados entre páxinas de amarelos confusos. Coma bateleiro domador de tempestades.

O señor Atún reclamouvos en dúas ocasións. A primeira vez impelido pola afouteza infante dos ocos no andel do cuarto, do baleiro do cuarto de xoguetes. Non repetiu, dende aquela, solicitude xogueteira, e non pola decepción da contía obtida, escasa para encher anhelos ilimitados, senón pola preguiza de cubrir a súa folla de servizos con grandes méritos, que se anulan na estrea de cada ano, desacumulados. Que perden o seu valor en cada entrega xenerosa. Renunciou tamén ós bonecos pola descrenza na paciencia esixida para encher un cuarto de xoguetes, pero sobre todo polo descubrimento da súa gran paixón: fedellar. A segunda vez que vos escribiu recibiu un arsenal de chatarra, suficiente para non necesitarvos outra vez. Lavadoras, transistores, televisións, radares, ferros, torradoras e unha morea de obxectos decrépitos e mal tirados ó lixo. Servíronlle todos para encontrarse coa súa habilidade electrónica. Abríaos, analizábaos, quitáballes as pezas, montábaas e agardaba que o conxunto funcionase, reiterando a obriga que a chatarra tiña de compracelo. Nunca puido deterse ante o seu afán apalpador. O que a el lle gustaba era manipular insistentemente.

A historia do señor O é máis dramática. Nunca tivo pais, nin irmáns, nin amigos sanguíneos nin farrapos comestibles, e ninguén soubo como deu cos seus ósos no mundo e todas esas cousas manchadas de terra. Nunca vos escribiu, quizais pola conxénita pena de quen reside na orfandade analfabeta, e polos medos que carrexa a falta de acollida. No entanto, pedíavos moitas cousas dende a xanela da súa morada, no centro de luz dunha ponte colectora, entre as que só había inmateriais solicitudes e aspiracións insensatas. O señor O quería os amigos que nunca tivo, e poder vestirse para eles, e en comunicación coas estrelas que aseguraban acubillarvos xamais lembrou a súa orfandade proxenitora. El quería amigos, pero conformaríase cun pai cardiópata e unha nai servil. Preferiu non escribirvos, e confiar só no lacrimal que os seus ollos solícitos lles reclamaban ós nós de estrelas, polo mancebo lategazo de considerar a todos iguais, onde prima a incapacidade maniquea do rapaz abandonado, que valora os bateleiros co mesmo desafecto cós reis descabalgados.

Eu sempre fun rico. Tiven todo o que puiden querer dende pequeno. Nunca vos escribín porque nunca me fixestes falta. Xa sei que non podedes ofendervos, que a ubicuidade e todas esas lerias son propias de piedades indoloras, e que en certa maneira o voso ecuménico traballo impide reparar nas cousas pequenas da vida. Vós, reis dun ceo de Oriente só alcanzable nunha noite entre demasiadas, non sentiredes envexa por nós, arrendatarios do terceiro ceo onde desexamos recibir os nosos homenaxeados, nin desafecto polos praceres que se nos negan, nos cuartos borrachos con vistas a unha praza de lenda.

Agora, salientados polas alarmantes perdas de pelo e de facultades motrices, reunímonos para contarvos que é o que desexamos, demasiado barato o conxunto de terzos para ser desoído, demasiado barato mesmo para vós. Atún quere un xoguete, metálico e pesado, sonoro para maior gloria, un reprodutor de CD, para que a música satisfeita que el recolla faga esquecer a súa habitación baleira, soando dona do espazo sinalado polo Terceiro Ceo, o espazo que a man sinistra do capitán goberna na praza lenda dos catro canos. O señor O quere que as súas cancións non sexan orfas coma el. Canta con agarimosa entoación versos apadriñados e afectuosos. Que lle digan a el, que tanto sufriu as carencias e a frugalidade protectora, que non poden darlle as súas cancións disparadas dende a barra estreada. Que lle digan, se tanta maxia destilades, que a súa música non ten cabida en reinos mundanos. Asegurádelle que os seus designios son celestes, e manterá a súa exaltación musical nun doloroso silencio. Eu pido que sexan escoitados, con xenerosidade interesada, porque se de algo sei fiarme é dos disparatados desfiles entusiastas que eles, magníficos sobre a miña fronte, lle regalan a un pobo costeiro con distinción, xenerosos dun pobo que só vos lembra nunha véspera entre demasiadas. Demasiado pouco, mesmo para vós.




O Terceiro Ceo

locus amoenus IV

fantásticos e tráxicos contacontos

01 phil spector white christmas
02 of montreal we were born the mutants again with leafing
03 belle and sebastian lazy line painter jane
04 the flaming lips feeling yourself disintegrate
05 isobel campbell monologue for an old true love
06 stuart a. staples goodbye to old friends
07 moreno veloso + 2 deusa do amor
08 jens lekman a sweet summer's night on hammer hill
09 felt sunlight bathed the golden glow
10 lambchop grumpus
11 morrissey everyday is like sunday
12 benjamin biolay cactus concerto
13 elliott smith alameda
14 fleet foxes ragged wood
15 neko case hold on, hold on
16 erlend øye winning a battle, losing the war
17 clyde mcphatter white christmas

o trasgo inconsciente


locus amoenus III



01 palomar alone
02 lali puna nin-com-pop
03 low like a forest
04 my latest novel wrongfully. i rested
05 clem snide let's explode
06 okkervil river our life is not a movie or maybe
07 m. ward to go home
08 kings of convenience i don't know what i can save you from
09 the czars paint the moon
10 great lake swimmers bodies and minds
11 club 8 jesus, walk with me
12 joe henry parker's mood
13 stuart a. staples say something now
14 cat power fool
15 my bloody valentine sometimes
16 r.e.m. let me in
17 alaska in winter lovely lovely love

accións de márketing I


locus amoenus II



01 irene by your side
02 acid house kings this heart is a stone
03 the shins australia
04 the essex green penny & jack
05 belle and sebastian another sunny day
06 camera obscura lloyd, i'm ready to be heartbroken
07 asobi seksu goodbye
08 wiretree secret law
09 redd kross bubblegum factory
10 bryan estepa western tale
11 the jayhawks save it for a rainy day
12 bob evans sadness & whiskey
13 ola podrida lost and found
14 sufjan stevens chicago
15 bart davenport when you're sad
16 the go-betweens finding you
17 john vanderslice exodus damage

saen as centolas

locus amoenus I

fantásticos e tráxicos contacontos

01 jens lekman pocketful of money
02 kings of convenience i'd rather dance with you
03 the magnetic fields i don't really love you anymore
04 belle and sebastian le pastie de la bourgeoisie
05 nick drake hazey jane ii
06 bart davenport the saviors
07 lambchop crackers
08 camera obscura eighties fan
09 my morning jacket the way that he sings
10 bikeride moonracing
11 alfie look at you now
12 neko case star witness
13 mia doi todd what if we do?
14 the essex green chartiers
15 tindersticks bathtime
16 herman düne show me the roof
17 the lucksmiths fiction

saen as nécoras

o que continúa

Cando se pensou esta historia logrouse sen min. Quizais se fixo buscando un rastro, ou unha sombra adusta, ou mellor para vostedes, debeuse facer socorréndome como recurso fácil e accesible. Unha cervexa de billa ben tirada nunha barra de estrea. Unha ensenrada correctamente calafateada nesta historia. Somos tan desastrosos e frívolos para referírmonos “ó que continúa” como historia? Historieta, ou proxecto. Proxecto didáctico-musical a instancia dos ínclitos señores O e Atún. Pero como eles non me vixían agora, e conviñeron en pensalo sen min, fago un leal exercicio de filibusteirismo.

Conto dramático, como o empapa o meu hisopo, e como preferimos entendelo, nun faladoiro, e nun círculo, e maldita a miña vida que xa non é un magnífico conciliábulo de bar, con grans de café clandestino axitados para armar metralla, como arroguei nos meus soños revolucionarios! Un bar continúa sendo unha cuadrilla de dramas hilarantes e penosos, vómitos e escotes esmiuzados, cellas lacrimosas e abandonadas e ausencia de respecto á louza nobre reconvertida en sentina hixiénica. Un bar é desacougo e esperanza, e nós, xubilosamente inmodestos, presentámonos como testamenteiros de fantásticos e tráxicos autores, melodías, contacontos. Se á interioridade da vida dun círculo de bar lle restamos a atmosfera contaminada de fume e humores, e silenciamos os ventos preparados para desolar chalanas devoltas á rúa que a mañá humedece, que escoitamos? Non escoitamos nada. Por iso nos presentamos.

Se a música non albergara a exacta miríade de xiringas e entusiastas que nós arrastramos, anunciariamos os nosos inmodestos nomes bíblicos. A pretensión é ambiciosa, seria e retorcida. Presentamos un labirinto, un fito, un lugar, unha vítima e centos de homenaxeados. E un obsequio. O labirinto é cousa miña, para prolongar o meu leal resentimento, pero en cachazudo empeño, aínda non o definín. O fito agarda, coma o inveterado tinto, a súa explosión condecorada; chegará, como recompensa á nosa bonhomía, como recoñecemento ó noso filantropismo ilustrado (didáctico-musical). O lugar, embreado na lenda dos catro canos, mantén expectantes sentidos e fígados, e non é unha calidade en absoluto desdeñable. O bateleiro de Locus Amoenus axiña será capitán, vítima, de furias e paixóns escumadas, e circunstante na singradura desta historieta, proxecto, conto dramático. A homenaxe é a todos os descoñecidos afanados en humedecer a barra de estrea, caída co tirón de cervexa, empurrada en perentorias noites de fume silente. O obsequio xa é parte dunha casa vella, que acolle na calor do seu fogar os nosos homenaxeados, na praza lenda dos catro canos, gobernados pola man sinistra do seu capitán, celebérrimo personaxe na nova vida pobrense de ultramar. O obsequio somos nós.

Douscentos monxes espérannos nunha vitrina elevada. E os bichos e as cunchas da salobridade próxima, agardan tamén. E a tortuosa cadencia dos nosos movementos, fará da delicia presente un amigable e desexado deliquio.

Por que Locus Amoenus? Sedúcenos e solicítanos.